AGADIC

Centro Dramático Galego


MARÍA MOVE: Toda a beleza do mundo

Coreografía e dirección: Nuria Sotelo e Maria Move
Interpretación: Maria Move

Toda a beleza do mundo é un solo de danza e voz. A danza dun proceso no cal o movemento expresa emocións puras. Danza ligada á nosa orixe, península multicultural. A danza da nosa biografía, o lugar da nosa procedencia, o que habitamos. O tambor do noso peito: movemento que vibra, sinto dese xeito ca voz xorde. E chega desde a superficie ao fondo dos corpos. Toda a beleza que xoga co tempo, luz, o ritmo, as capas que se pegan e despegan do corpo, o que nos toca, a velocidade, o abismo, o cambio. A auga, o son, o momento presente. A verdade.

Son.

Expresión; luz e sombra.

Eixo.

Onde toda beleza: nace.


Ficha artística:
Ollo externo, revisión coreográfica: Beatriz Pérez
Interpretación: Maria Move
Música:
-Dirección do espazo sonoro, composición, voz en directo: Maria Move
-Nuno dos Santos (Electrónica), Alexis Fernandez- Maca e Manuel Fonte (Percusión), Guillermo Cortiñas
-Gravación e realización: Amaro Rua
Fotografía e vídeo: Damian Varela (Miramemira)
Iluminación: Afonso Castro
Vestiario: Marcia Edleditsch (Atelier Efímero)
Produción: Maria Move e Manu Lago

toda_a_beleza_do_mundo

Documentos relacionados



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal