AGADIC

Centro Dramático Galego


CÍA. TWISTING THE BALANCE: Futuro animal

Actuación no marco da III edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo

Dirección e dramaturxia: Rolando San Martín
Elenco: Leire Mesa e o Hippie

Os seres humanos que viven ao outro lado do muro están voluntariamente transformando os seus corpos en animais.

O hippie e a mestra de cerimonias Leire Mesa lévannos a visualizar un espazo multidimensional. Nel, os procesos de deshumanización da sociedade actual vense reflectidos nos cueiros de siliciona, nos muros mediáticos de desinformación, a muller rota como símbolo do fracaso humano, os éxodos, os corpos do circo e a súa caducidade.

A espectacularidade do formato escénico que se investiga en Futuro animal reside na potencia social, discursiva e poética que o propio circo pon en movemento no imaxinario popular antes de entrar á carpa a ver un espectáculo circense.

POR QUÉ facer circo agora neste mundo que se consume no lume, QUÉ significa o circo dentro deste contexto, PARA QUÉ serve o virtuosismo nun corpo especializado en circo, CAL é a súa beleza e a súa utilidade, QUEN poden acceder co seu corpo á arte de facer circo, QUEN fan circo sen saber que fan circo, COMO é un corpo que atravesa o Mediterráneo para chegar a Europa, COMO o podemos comparar cun corpo de circo, A TRAVÉS DE QUÉ corpos se conta a arte e a historia do mundo.

Queridas amigas e amigos, estas e outras cuestións paradigmáticas fixeron Futuro animal, un proceso que difícilmente pode ser descrito con palabras. Faise trapecio, hai un "columpio bomba" como síbolo do eco supervivinte das guerras, unha bufona que expresa o seu delirio, un hippie alemán de moito diñeiro que pagou toda a produción e non é un corpo especializado en circo, a música soa, os animais son a metáfora e, finalmente, o lado oculto do circo, a súa sombra marxinal, que aparece como potencia.

O circo de Futuro animal pode devir en pos-mundo, algo así como un mundo logo da destrucción total de todas as cousas que coñecemos. Tamén pode suxerir a idea dun mundo futuro cheo de novos seres e natureza. Máis tamén é un ir cara o animal, unha sorte de involución, de retorno ao primitivo, unha idea que suxire regresar, pero ao regreso dun refuxio para xuntarse arredor do lume, estar próximos, compartir o calor da comida, comprender que o xesto cotiá de xuntarse é ontoloxía da resistencia humana.


futuro_animal

Documentos relacionados



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal