Cando o oso espertou dun longo soño todo ao seu arredor cambiara: o bosque, a herba, as árbores e as flores; todo desaparecera. Mentres el durmía, uns homes construíron unha gran fábrica no lugar onde estaba o bosque. Os directivos da empresa aseguran que o oso é un home e insisten en poñelo a traballar.
Así comezan as aventuras de O oso que non o era, un fermoso conto que nos fala da incapacidade de recoñecer ao outro na súa diferenza, pero tamén do enfrontamento entre o que chamamos progreso e a conservación da contorna ecolóxica.