Sofía Mestre, alias Clothilde, gravou o seu primeiro álbum Twitcher (Labareda, 2018) a piques de cumprir os 40. Para iso utilizou tecnoloxía exclusiva: modulares e outros aparellos feitos a man, polos que se deixa impulsar e guiar. Con eles crea texturas, patróns e melodías que se difuminan nun fluxo harmónico e sensorial, reminiscente da herdanza do post- minimalismo. A súa combinación única de claridade, fluxo de pensamento e estrutura musical fai que o seu traballo destaque entre os artistas máis atípicos de Portugal.