AGADIC

Centro Dramático Galego


TALLER CON PISANDO OVOS PARA A SELECCIÓN DUN NOVO/A INTÉRPRETE PARA DIRECTO 9


Taller con Pisando Ovos para a selección dun novo/a intérprete para Directo 9, próxima peza da compañía en coprodución coa Agadic.

Directo 9 estará formado por 2 bailaríns/nas e un DJ. Procúrase alguén cun selo corporal persoal que se sume ao equipo formado por Fran Martínez, Jas Processor, Janet Novás, Afonso Castro, Manu Lago, Miramemira e Rut Balbís.

Os ensaios serán entre xullo e setembro (estrea) 2018.

As persoas interesadas deben envíar antes do día 5 de maio a seguinte información:

·Nome e apelidos
·Nacionalidade
·DNI
·email e teléfono
·Curriculum
·Carta de motivación
·Fotos/Videos/links de traballos

Para envío de inscricións e/ou resolución de dúbidas pisandoovos@gmail.com

Directo 9

Directo 9 é unha peza sobre o directo, un concerto onde os corpos son os protagonistas, e non só os corpos dos bailaríns.

Trátase da novena peza de Pisando Ovos e primeira na que Rut Balbís non forma parte do elenco: un proxecto para un Dj e dous bailaríns. Directo 9 ten como eixo principal o concepto de concerto/reunión. Directo 9 ten como base a construción escénica do espazo e o son en directo, no momento presente. Directo 9 busca crear unha peza onde o corpo amose todo o seu potencial. Directo 9 crea un lugar de encontro sen barreiras entre o intérprete-artista e o espectador. Directo 9 invita a todas as persoas asistentes a compartir ese salto ou vibración ou movemento conxunto que nos fai tolear nos concertos de masas.
Directo 9 é un espectáculo seleccionado para coprodución co Centro Coreográfico Galego no 2018. Directo 9 será estrenado en setembro de 2018 no Teatro Ensalle de Vigo.


directo9


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal