O Salón Teatro alberga de novo unha parte importante de Galicia Escena PRO (GEP), o mercado galego das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A través dunha escolma de espectáculos de recente produción e dun programa de actividades paralelas, esta iniciativa tómalle o pulso á actualidade do sector en Galicia. Ao tempo, bríndalles aos seus profesionais unha plataforma desde a que expoñer os seus novos traballos diante do público xeral e dos programadores e demais axentes culturais.
Xunto coa súa faceta de exhibición, Galicia Escena PRO articúlase como punto de encontro profesional que busca estimular a dinámica comercial do sector, así como a proxección social da creación escénica.
PROGRAMA
LUNS 11
11.30 h | Entremans: Gaia
(Duración: 50 minutos)
22 h | Paula Quintas-trasPediante: Plastic
(Duración: 45 minutos)
MARTES 12
22 h | Compañía Ensalle: Procedimientos ante el vacío
(Duración: 65 minutos)
MÉRCORES 13
Biblioteca
11 h | Encontro COFAE (non aberto ao público)
Biblioteca
16.30 h | Presentación da colaboración Galicia Escena Pro-MADferia
22 h | Javier Martín: Método negro
(Duración: 60 minutos)
XOVES 14
Biblioteca
16.30 h | Presentación do proxecto "Residencias Paraíso", Colectivo RPM
22 h | Ibuprofeno Teatro: Casa O’Rei
(Duración: 95 minutos)
Entrada gratuíta para o público xeral en función das butacas dispoñibles despois do acceso dos profesionais acreditados. As localidades retíranse previamente do despacho de billetes, aberto desde unha hora antes de cada función.