AGADIC

Centro Dramático Galego


MIGUEL GIGOSOS: Möbius

Autoría: Miguel Gigosos Ronda e Iris
Elenco:Miguel Gigosos Ronda

Möbius é un só de malabares atípico e cheo de emocións en ebulición. Descubriremos como unha escena practicamente espida pode converterse nun cuadrilátero patas para arriba. Con decenas de pelotas dun rosa intenso, un ser humano retórcese en todos os sentidos (da palabra) e instala novos códigos á súa disciplina. Unha maneira de crear unha linguaxe. Nós corporais, contorsións e sorpresas. Comportamento inesperado, malabar inesperado. O protagonista condúcenos a través do seu labirinto imaxinario para amosarnos a súa forma de vivir a vida, que xoga na fronteira entre a tolemia e o perfeccionismo, que pasa do entusiasmo á rabia e da impotencia á alegría. Aquí temos o testemuño dunha maneira de abordar as cousas cando non suceden como estaba previsto. En calquera momento algo pode ocorrer... Parece que todo é posible!


Creación musical: Frederika Alesina
Dirección técnica: Vincent Guillet

mobius


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal