AGADIC

Centro Dramático Galego


XVI FESTIVAL DE TEATRO AFECCIONADO "AGUSTÍN MAGÁN": Maniféstate!

Compañía Andaravía Teatro (Vedra)

Rosalía de Castro anda solta. O seu sartego está baleiro desde aquela noite en que os vixiantes de seguridade creron oír algo no Panteón de Galegos Ilustres. Aquela mesma noite en que foi vista en Vedra por primeira vez.

Por que marchou? Por que a Vedra? Que require?

Nun programa de televisión tentarán atar todos os cabos, responder a todas as preguntas e farán todo o posible para convocar en directo o espírito da padronesa.
Rosalía, se estás aí... Maniféstate!


Todos os públicos
Comedia
Festival organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), grazas a un convenio coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago e o CDG.

manifestate


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal