AGADIC

Centro Dramático Galego


XVI FESTIVAL DE TEATRO AFECCIONADO "AGUSTÍN MAGÁN": Quero ser maior!

Compañía Axoúxere Teatro (Oleiros)

Gaia é unha nena de 11 anos que sente a necesidade de medrar canto antes, conseguir un bo traballo e gañar cartos para triunfar na vida e poder axudar a súa nai. Aínda que ela non se dá conta, está moi estresada pola presión dos estudos e os resultados. A súa nai tenta que se relaxe e desfrute, pero Gaia é moi estrita, sobre todo con ela mesma.

Unha noite, non sabe ben como, Gaia atópase nun estraño espazo cun curioso personaxe chamado Hédor e mais os seus compañeiros da Patruxa de Control de Nenoas Precoces, Xisca e Xosco. Para conseguir ser membro de seu da Patruxa, Hédor debe convencer a Gaia de que agarde o seu momento para medrar e, sobre todo, que cando medre non esqueza xogar, bailar e desfrutar da vida. Se fracasa non será da Patruxa endexamais.

Gaia, ao principio, cre que Hédor é parvo e non ten moito interese nel. Pero cando ve que un personaxe chamado Medranenoas asusta moito a Hédor e se porta coma un abusón con el, Gaia decide axudar a Hédor.

O Medranenoas, facéndose pasar por unha persoa normal, en realidade, o que quere é roubar a ilusión de Gaia e asegurarse de que se converte nunha adulta gris e aburrida.
Conseguirá Hédor evitalo? Quererá Gaia seguir a ser pequena e ter ilusión?
Ah...! Terás que ver a obra para descubrilo...

Advertencia: Polo medio de esta historia, hai cancións cantadas en directo e moito humor. Coidado! Que igual aoas pais e nais gústalles máis que aoas nenoas!

A partir de 7 anos
Infantil Musical


Festival organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea), grazas a un convenio coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Santiago e o CDG.

quero_ser_maior


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal