Entrada gratuíta ata completar a capacidade da sala
O escritor, actor e editor Antón Lopo constrúe unha conversa con Javier Martín no escenario do Salón Teatro, acompañados por distintos axentes do contexto escénico galego, convidados para a ocasión. Comezarase por un repaso á traxectoria creadora do coreógrafo e bailarín (investigacións en comunidade, experiencias, pezas...), que servirá como escusa para abordar cuestións sobre o exercicio da práctica creadora, abrindo a conversa a todos os presentes ao contexto das artes vivas. A través das experiencias particulares dos convidados pasarase a imaxinar, divulgar e reivindicar os distintos usos dos espazos teatrais, museísticos e académicos: residencias, prácticas, programación expandida, itinerarios formativos, etc.; prestando atención a como se conxugan hoxe as ideas de repertorio, novidade e improvisación.