AGADIC

Centro Dramático Galego


FEIRA DO LESTE: Exilio das moscas

Dirección: César No.
Dramaturxia: Ernesto Is.

A vida media dunha mosca vai dos 15 aos 25 días. Nese tempo é imposible que establezan un fogar, que conformen unha familia, que creen vencellos cos que enraizarse á súa orixe. O único posíbel é voar e voar cara a ningures coma expatriadas dunha Ítaca á que xamais volverán regresar.

Exilio Das Moscas é un proxecto cunha clara dimensión performativa e posdramática, vinculado ao teatro físico e ás linguaxes escénicas e audiovisuais, que pon sobre as táboas unhas temáticas de total actualidade: as migracións, o feminismo, o racismo, os abusos de poder, a guerra, as raíces e a sátira poliítica.

Teas, maletas, fotografías en branco e negro, soldados de xoguete, roupas de época e outros elementos do imaxinario do exilio toman unha nova calidade e un novo sentido nesta proposta.

A compañía
Feira do Leste xorde a finais do ano 2015 coma unha xuntanza de novos profesionais da interpretación, da dramaturxia e da dirección escénica que buscan explorar campos de expresión artística e temática no teatro físico, a performance ou a danza.

Integrada por persoas con ampla formación e experiencia escénica e audiovisual, Feira do Leste adapta esas linguaxes multidisciplinares dentro das novas manifestacións teatrais de carácter posdramático. A compañía asume o novo paradigma teatral de ruptura aristotélica e de traballo en colectividade, fragmentario, no que os xéneros e as técnicas expresivas hibrídanse e onde as temáticas están moi próximas á actualidade e á memoria común do pasado recente.


Ficha artística:
Intérpretes: Sonsoles Cordón, Dunia Díaz, Hugo Rodríguez e Germán Gundín
Producción e distribución: Javier Lojo
Deseño gráfico: Javier Nistal
Mención especial: Donina Rodríguez
Escenografía: César No
Técnico de son: Ernesto Is
Iluminación: Germán Gundín e César No

exilio_moscas


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal