Impartida por Jerôme Maeckelbergh
Organiza: Departamento de Escenografía da ESAD Galicia en colaboración co CDG
Explicaranse as incribles e inesperadas posibilidades do patrimonio da maquinaria teatral, á vez que o seu uso en producións contemporáneas.
Principalmente, cando a xente fala ou pensa acerca de tal maquinaria de teatro histórico, se considera que só é posible facer cambios de escena barroca con ela, xa que a coñecen unicamente a través da documentación histórica.
Unha escenógrafa ou escenógrafo imaxinativo pode sorprender co uso máis inesperado das diversas posibilidades que esta tecnoloxía teatral, esquecida desde hai moito tempo, ofrece no deseño escénico contemporáneo para as producións de hoxe en día.
Ademais dunha revalorización desta técnica histórica no uso teatral contemporáneo, a presente conferencia tamén pode ser vista como un chamamento para os deseñadores, estudantes, profesionais e amantes das artes escénicas, abrindo novas posibilidades á caixa escénica.
O profesor Maeckelbergh pretende continuar coa conferencia impartida no congreso mundial de 2014, onde se axudaba dunha maqueta a escala 1/10 e reproducíanse en miniatura todos as trucaxes escénicas.
Ofrécese esta presentación por primeira vez no noso país, despois de impartila en Lassale Collegue (Singapura), IFTR Conference (Estocolmo), SIMBAS Conference (Copenhague), Stanford University (Texas, EEUU), USITT International Conference (Utah, EEUU)… así como en Cardiff, Viena, Vilnius ou París.
* Idioma: Inglés, con tradución consecutiva ao castelán, a cargo de Eufrasio Lucena-Muñoz
Jerôme Maeckelbergh
Deseñou a escenografía de máis de 50 producións para teatro e xénero musical. Tamén realizou a utilería, máscaras e o traballo escultórico doutras tantas.
É membro de OISTAT (Organización Internacional de Escenógrafos, Arquitectos e Técnicos de Teatro) e dinamizador do proxecto "Theatre Words" que recolle, a modo de dicionario, os termos técnicos do mundo do teatro máis comúns en diferentes linguas.
A súa especialización no ámbito da tecnoloxía escénica sucedeu en maio de 2012 cando recibe a noticia de que o teatro Bourla (Bourlaschouwburg) de Anveres ía ser desmantelado en aras da modernización. Este espazo está considerado como o teatro municipal máis grande de Europa que conserva a súa maquinaria histórica. Nese momento, organiza unha serie de conferencias internacionais para sensibilizar ao público sobre o tema, o que lle leva a recibir a distinción de Europa Nostra en 2014 pola conservación do Patrimonio Histórico Europeo.
Eufrasio Lucena-Muñoz
Deseñador de Escenografía e Iluminación. Titulado en Escenografía pola Facultade de Teatro de Praga (DAMU-Divadelní akademie múzických umení), Interpretación Textual (ESAD) e Belas Artes (US) Traxectoria profesional desenvolvida en España, República Checa, Francia, Polonia e Turquía. Membro da Asociación de Artistas Plásticos Escénicos de España (AAPEE).
Traballou con compañías como A Cuadra de Sevilla, Josef Kajetán Tyl en Plzen, Mestske divadlo Ceské Budejovice, divadlo Olomouc, divadlo Cheb, Svandovo divadlo en Praga, ou o Centro Andaluz de Teatro. Entre outros, director de arte do filme "O nariz de Cleopatra" (nominado á mellor curta pola Academia de Cine Europeo).
Na actualidade é profesor de Escenografía en a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde á súa vez é o coordinador da oficina de relacións internacionais da institución.