AGADIC

Centro Dramático Galego


TEATRO DO ATLÁNTICO: Helena. Xuízo a unha lurpia

Dirección: Xúlio Lago
Texto: Miguel del Arco

Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, "a bela Helena", a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris. Estamos no século XXI. Helena xa non é "a bela Helena", senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos -Aquiles, Ulises-, coa impotencia diante da crueldade da guerra...

"Quen escrebe a historia?". Helena diríxese reiteradamente a nós con esa interrogante, rexeitando a maneira en que foi contada a súa vida. Agora quere que, antes de xulgala, escoitemos a súa versión dos feitos, sorprendéndonos cun relato apaixonado, intenso, cheo de tenrura, de humor, de berro e de dignidade.


Ficha artística:
Elenco: María Barcala
Escenografía: Antonio F. Simón
Iluminación: Xúlio Lago
Vestiario: Susa Porto
Música e Espazo Sonoro: Anxo Graña



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal