Dirección: Tito Asorey
Dramaturxia: Ana Carreira
No verán de 2016, cinco amigos deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex. Unha morea de cadernos, centos de pensamentos, conversas, fotos, vinilos, casetes e obxectos diversos son os materiais empregados como punto de partida para unha investigación que tamén se converte en descuberta persoal por parte de cada un deles. Como influíron na conformación do discurso individual os nosos referentes? Cantas versións diferentes poden existir sobre un mesmo recordo? De que maneira nos pode salvar a memoria da vertixe dun mundo de ritmos cambiantes e imparables?