Creación colectiva: Paz Buelta, Germán Gundín, Merche Pérez, Antón Piñeiro, Diego Rodríguez e Amanda Seijas
Dirección e dramaturxia: Paz Buelta Serrano
Partindo dunha motivación en común en relación aos conceptos de ecoloxía medioambiental e social, nace Política de terra queimada, unha creación escénica colectiva dentro do paradigma contemporáneo, seguindo unha dramaturxia asociativa que hibrida e mestura distintas linguaxes e modalidades escénicas como o teatro ritual, a performance, a máscara, a danza, a música en directo ou o teatro de obxectos, entre outras.
A idea de destruílo, de consumilo todo, antes de pensar sequera en compartilo, lígase con toda unha mestura de subtemas: a contaminación, a extinción, a escaseza, a loita polo poder que avanza (ao igual que no noso sistema solar), o universo, as flores, os ósos, as cunchas ou a propia vida, seguindo a lóxica do vórtice, unha espiral que se espalla e avanza sen posibilidade de volver atrás.