Dirección e dramaturxia: Carlos Álvarez-Ossorio
Autor: Neil LaBute
A Forma das Cousas é unha brillantísima comedia negra asinada polo dramaturgo Neil Labute, considerado como o herdeiro natural de David Mamet. Trátase dunha historia provocadora, contundente, intelixente e cun ritmo trepidante que pescuda sobre os límites do amor e da arte contemporánea. Até onde estamos dispostos a chegar no nome do amor?
Evelyn, unha iconoclasta e excéntrica estudante de belas artes, aparece na vida monótona de Adán, un mozo inseguro e sen sorte no amor. El, que xamais se preocupara pola súa imaxe, estará disposto a cambiar calquera trazo da súa personalidade con tal de gustarlle a ela.
Pouco a pouco irase transformando, converténdose nun tipo máis desexable e atractivo. Non obstante, o cambio físico e emocional de Adán chamará a atención dos seus amigos más próximos (Jenny e Fili), e pronto terá inesperadas consecuencias para todos, pois os
amigos de Adán non están moi de acordo coas intencións de Evelyn de mudalo.