Escuchando Elefantes son dúas voces que chegaron a soar como unha. A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos.
Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos como os oscarizados Glen Hansard e Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan e Sinead O'Connor, entre outros.
En 2012 publican o seu primeiro album de estudo editado de forma totalmente independente, recibindo unha xenerosa acollida por parte do público que encheu o aforamento das salas nas súas últimas xiras. Acompañado dunha gran repercusión mediática, "Show & Tell" soou nun gran número de países e festivais.
Tras gravar en España, Irlanda, USA e UK, presentan o seu segundo traballo "Happy Lonely People" nun abarrotado Teatro Colón en outubro de 2014. Os seus dous primeiros videoclips foron nomeados aos Mestre Mateo levándose "Garden's Road" a figura e máis de 40 nominacións e premios en festivais internacionais.