Xosé Constenla (Compostela, 1980) presenta o seu cuarto traballo discográfico, titulado Virada por Avante, cun concerto especial no que estará acompañado por unha banda de músicos composto polo produtor e arranxista do disco, Fredi Marugán, ás guitarras; polo pianista Javier Constenla, por Pablo Pérez no baixo e polo batería Andrés Rivas.
En Virada por Avante atopamos claras influencias do folk-rock americano, de James Taylor a Ray Lamontage, xunto coa corrente iberoamericana de canción de autor, como sinal de identidade deste músico compostelano.
Sen dúbida, trátase do álbum máis maduro, persoal e sofisticado de Xosé Constenla, no que participaron artistas e técnicos tan recoñecidos como Javier Bergia e Oscar Herrador (Stateroom Studios). Destaca o traballo realizado por Fredi Marugán, produtor e músico de gran traxectoria que ten traballado con artistas como Serrat, Miguel Ríos, Luz Casal ou Ismael Serrano, entre moitos outros.