AGADIC

Centro Dramático Galego


ARTELLO TEATRO: Non toques os meus círculos

Dirección: Rosa Hurtado
Texto e dramaturxia: Rosa Hurtado e Santi Montenegro

"Non toques os meus círculos" foron, según a lenda, as derradeiras palabras de Arquímedes de Siracusa, antes de morrer a mans dun soldado romano alá polo século III a. C.

Non toques os meus círculos é un espectáculo que conta, de xeito lúdico e directo, a peripecia dun científico de hoxendía que trata de se reinventar, tomando como referente ao sabio siracusano e o seu contexto. Iso sírvelle para dar vida a diferentes personaxes que propician un paralelismo constante entre sucesos da época antiga e actuais, nun ton xeral de ironía e humor.


Ficha artística

Elenco: Santi Montenegro
Fotografía: Quino Vilas
Vídeo promocional: Xosel Díez
Asesoramento científico: Pío González e Julia Serra (Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo)
Colaboración dramatúrxica: Manuel Pombal e Óscar Codesido
Colaboración musical: Ramon Souto
Deseño de vestiario: Suso Montero
Duración: 55 minutos
Espectáculo para todos os públicos (recomendado a partir de 10 anos)



Non toques os meus círculos


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal