AGADIC

Centro Dramático Galego


MATRIOSHKA TEATRO: Manawee

Dirección e dramaturxia: Uxía P. Vaello
Elenco: Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo

En Manawee as matrioshkas escríbense unha carta a si mesmas. Unha nota aclaratoria sobre o que xa pasou e non se decataron. Unha explicación sobre aquelas furias, euforias, amores, paixóns e pánicos que pasaban como tornados nos anos da súa infancia. Esa carta que todo neno recibirá de si mesmo no futuro. Manawee é un espectáculo para aqueles que albiscan grandes cambios.

Manawee é unha proposta escénica para público a partir de 8 anos onde cativos e adultos se emocionan, rin e se decatan que esas cousas que sempre creron que só lles pasaban a eles, son compartidas.

Trátase dun espectáculo de creación contemporánea sobre o concepto fundamental da emoción que pon o foco neses momentos de cambio na vida polos que pasamos inevitablemente.


Ficha artística:
Axudantía de dirección: Borja Fernández
Texto: Lorena Conde
Deseño de vestiario: Uxía P. Vaello
Xastrería: Vaello
Coreografía: Uxía P. Vaello
Música: Mónica de Nut, Javi Bermejo, Vadim Yukhnevich
Escenografía e atrezzo: Lorena Conde Maquillaxe e perruquería: Trini F. Silva
Iluminación e son; Javier Quintana
Fotografía: Inés Salvado
Vídeo: Vemo.TV
Deseño gráfico: Lorena Conde Produción: Anabell Gago e Belém Brandido
Distribución: Chelo do Rejo e Anabell Gago

manawee


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal