Dirección: Santiago Cortegoso e Marián Bañobre
Elenco: Anxo Manoel Lamelo, Isa Herrero e Rubén Pérez
Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples, ás veces, son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila ata esmorecer, cando non acada a resposta buscada. A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.