AGADIC

Centro Dramático Galego


A PANADARÍA: Pan! Pan!

Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman

Pan! Pan! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

Este espectáculo recibiu o Premio da Crítica Galicia 2015, así como o primeiro premio Xuventude Crea 2013. Tamén Areta Bolado obtivo o Premio María Casares 2015 á Mellor Actriz Secundaria.


Ficha artística:
Idea orixinal / texto: Areta Bolado
Música orixinal: Ailén Kendelman
Atrezzo: Isabel Mouzo
Iluminación: Montse Piñeiro
Fotografía: Pilar Abades
Deseño gráfico: Noelia Castro

panpan


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal