Dirección: Arturo Cobas
Intérpretes: Marta Alonso e Paula Quintas
"Up2Down" é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo, creando un universo singular.
No escenario, dúas personaxes surrealistas e os seus obstáculos, contextualizan o momento no que os desexos e as aspiracións de cada unha atópanse iniciando unha viaxe emocional ata chegar ao entendemento, a comprensión e o equilibrio.
Este espectáculo para público familiar moi especialmente está protagonizado polas bailarinas Paula Quintas e Marta Alonso.