Dirección e adaptación: Roberto Salgueiro
Proposta creada a partir de diversos textos de Rodrigo García
Quizais a vida consista, á fin, en dar voltas sempre ao mesmo. O asunto é como dar esas voltas: tropezando, remando mal cun bote nun lago, nun carrusel coma un poni… Ou bailando. Para as primeiras abonda cun so. Para a segunda, bailar, tamén. Pero é moito máis agradable facelo xunto a outra persoa.