Dirección: Juan Miguel Hernández
Atlántica é unha peza coreografiada por Juan Miguel Hernández con música orixinal, composta para esta produción por Ismael Berdei e vai acompañada de contidos audiovisuais deseñados por Pixel Films.
Trátase dunha recreación de estilo neoclásico, inspirada nos poetas do Rexurdimento literario galego e como homenaxe á súa achega á nosa cultura. A través dunha visión contemporánea, a obra busca facerlles partícipes aos espectadores de soidades, temores, amores e desamores, tomando como punto de partida un fragmento da novela de Manuel Murguía ‘La mujer de fuego’.
Ao tempo, o título ‘Atlántica’ fai referencia á importancia que o mar ten para Galicia, tanto como medio de vida, vínculo entre culturas e nexo de unión co continente americano debido á emigración.