Al Ayre Español
Director: Eduardo López Banzo
En torno a 1730, John Walsh publicou en Londres a primeira colección impresa de sonatas en trío de Georg Friedrich Haendel, o seu opus 2. A maioría das obras foran escritas en torno a 1717, durante a estadía de Haendel en Canons ao servizo do duque de Chandos. Eduardo López Banzo leva moito tempo escudriñando nas interioridades da obra de Haendel, nunha incesante busca dos elos menos coñecidos da súa obra. Entre os últimos fitos desta aventura están a publicación en compacto das sonatas opus 5 que se puideron escoitar no Via Stellae hai un ano. Santiago vai ser de novo escenario privilexiado acollendo a estrea desta nova versión integral das Trio sonatas, opus 2 que, como é costume en Al Ayre Español (Premio Nacional de Música 2004), combinará un traballo de investigación rigoroso e profundo cun despregamento de excelencia, imaxinación e fantasía na súa interpretación.
Máis información