Ímpetus Cojunto Barroco de Madrid
Director: Yago Mahúgo
Os tres mestres... Un concerto para clave de Johann Sebastian Bach composto para as reunións do Café Zimmermann secunda a proposta lírica barroca do emerxente conxunto especializado madrileño Ímpetus e o contratenor Flavio Ferri-Benedetti. Haendel e Vivaldi son dúas indiscutibles figuras da ópera barroca italiana. O prolífico e polifacético compositor, director e empresario teatral Georg Friedrich Haendel triunfou en Londres, primeiro coas súas óperas e máis tarde cando tivo necesidade de reinventarse cos seus oratorios, durante tres décadas para converterse en heroe nacional británico. Máximo expoñente do concerto para violín barroco, o sacerdote Antonio Vivaldi aplicou o seu xenio, como afortunadamente puidemos descubrir nos últimos anos, a obras líricas profanas, cantatas e óperas; case 100 óperas estreadas en Venecia, pero tamén en Mantua, Florencia, Roma, Verona, Milán, Vicenza... Unha xeración inesquecible para a historia da música.
Máis información