AGADIC

Centro Dramático Galego


FESTIVAL VIA STELLAE: Kableado

Percusión: Roberto Oliveira

Kableado é un programa de percusión, electrónica e arte visual, con altas doses de improvisación, que busca xerar un ambiente propicio para o entendemento destas novas tendencias na arte sonora e fomentar o interese por parte do público en xeral e de futuros compositores cara á música electroacústica. Cun instrumental de percusión convencional (vibráfono, chocallos...) e non convencional (pedras, auga, madeira, metal...), Kableado reúne obras dos compositores Andrés Álvarez (Galicia), María Mendoza (Galicia), Raúl Tudón (México), Jorge Variego (Arxentina) e Diana Pérez e Reyes Oteo (Andalucía), concibindo un universo de novos sons, texturas e sensacións. Arte sonora e novas tendencias da man de Roberto Oliveira, alquimista audaz e vangardista, centrado na interpretación de novas técnicas, recursos instrumentais renovados e aspectos escénicos inusuais, motivado polo enriquecemento e renovación do concepto e a experiencia do concerto como un todo.

Máis información


Programa:
Obras de Jorge Variego * (1975), Andrés Álvarez * (1983), María Mendoza * (1975), Raúl Tudón (1961), Reyes Oteo (1982) & Diana Pérez * (1970)

* estrea absoluta, obras de encarga de Roberto Oliveira. colaboración FIP Festival Internacional de Percusión

kableado


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal