AGADIC

Centro Dramático Galego


Concerto de Uxía & Narf


Uxía e Narf funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, no que convidan a coñecer As baladas da Galiza imaxinaria.

É precisamente esta Galiza imaxinaria un lugar perfecto para achegarnos, a través da música, as historias que emanan das experiencias vividas, un espazo emocional sen fronteiras, con raíces profundas e cos brazos abertos ao mundo de hoxe. Portan na súa maleta experiencias de intercambio con artistas do mundo lusófono e da diáspora.

Todas e cada unha das cancións teñen unha historia detrás relacionada cunha viaxe, con encontros e complicidades. Un proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous artistas que en cada balada abren portas e ventás aos corazóns inquedos e aventureiros.


Uxía & Narf


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal