AGADIC

Centro Dramático Galego


Documental: O Piloto

Dirección: Xosé Reigosa
Guión: Alfonso Eiré

O 10 de marzo cumpríronse 50 anos da morte de Xosé Luís Castro Veiga. Coñecido popularmente como "O Piloto", foi o último guerrilleiro antifranquista morto pola Garda Civil no ano 1965 preto do pantano de Belesar, cando xa facía 26 anos que finalizara a guerra civil.

Neste documental falan medio centenar de persoas, compañeiros, enlaces, apoios e xentes que tiveron relación con el. Tamén se dan a coñecer documentos inéditos que cambiarán para sempre a visión deformada que se veu dando historicamente deste guerrilleiro: as relacións co PCE, as principais accións, por que sobreviviu tanto tempo, as causas de continuar a loita, que facía nos últimos anos... E unha entrevista realizada en 1979 á súa compañeira Mirelle.


o_piloto

Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal