AGADIC

Centro Dramático Galego


VÍA SEIS: Amor en 3D

Texto e dirección: Jose Prieto
Elenco: Susana Álvarez, Celia González, Daniela Rodas

A compañía Vía Seis debuta con esta comedia cinematográfica posromántica na que tres mulleres en paro deciden facer unha película de amor e rematan facendo catro: As pontes de Madison, Notting Hill, Titanic e Amor en 3D.

Se non viron vostedes as tres primeiras ou lles gustaría volver a velas en versión mellorada, esta é a ocasión perfecta. Se din vostedes que viron a cuarta é que están mentindo descaradamente, xa que esta é a súa estrea mundial e é imposible pirateala.

Catro historias de amor polo prezo de unha. Isto é Amor en 3D.


Iluminación: Diego Valeiras
Música orixinal: Rafa Segura
Fotografía: Diego de Diego

amor en 3D


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal