AGADIC

Centro Dramático Galego


ADIVIÑA PRODUCIÓNS: Unitarias. Historia dun mestre galego

Estrea de documental

Dirección:Jorge Algora

Unitarias é un documental que reconstrúe a historia das escolas do rural de Galicia, chamadas unitarias, a través da vida de Alberto Sacido, un mestre que empezou traballando nestas escolas nos anos 60.

As través das súas experiencias persoais, o doccumental presentan a realidade dun país que evoluciona dende o analfabetismo á cultura dixital, dende a ditadura á democracia e, que ademais, ten que encaixarse dentro dos distintos marcos que provocan unhas leis educativas cambiantes.

Cando José Alberto Sacido Tuñas aproba as oposicións en 1960, faise cargo dunha escola unitaria en Lousame. O mestre, sen experiencia, atópase cunha aula chea de nenos de entre 6 e 12 anos e cuns recursos educativos mínimos.

Desde entón e tras os cambios impulsados pola lei de 1970, as unitarias loitan por sobrevivir, como un instrumento, ás veces fundamental, para fixar a poboación nos núcleos rurais.

Os mestres e especialistas en educación, que nos acompañan durante toda a obra, dan o seu punto de vista sobre os retos que enfronta hoxe o ensino: a autoridade do mestre, a segregación por sexo, os cambios de sistema educativo, os modelos de ensino das linguas…

Tratase dunha nova produción documental de Adiviña, que conta co apoio da Agadic.

As persoas interesadas en asistir gratuítamente á proxección do documental deben dirixirse ao teléfono de Adiviña Producións (981 63 85 69).


Guión: Alberto Sacido Romero. Jorge Algora
Produción: Susana Maceiras
Imaxe: Suso Bello (AEC), Pablo Fontenla, Álvaro Cabeza de Vaca
Montaxe: Rita Romero
Efectos e grafismo: Sergio Rivas
Son directo: Juan Gay, Sergio Rivas
Mesturas de son: Pablo Beade, José Alberto Suárez
Estudo de son: Área 5.1
Voz en off: Alberto Sacido Romero

unitarias

Ligazóns relacionadas



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal