AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG Obras: Xardín suspenso

De Abel Neves
Cándido Pazó, director

Ata onde pode levar a fidelidade a un amor que non é correspondido? Lucía, moza arquitecta, non desiste da súa fidelidade. Concibiu un xardín despexado, composto tan só por fina area ben alisada e unhas poucas pedras, na antiga casa dos seus pais, o fogar que abandonou en tres ocasións e ao que regresou sempre a petición de Mateo, o seu amor imposible e con quen, sen ser o seu irmán de sangue, creceu desde a infancia. É a el a quen Lucía lle dedica este xardín zen que a familia se dispón a inaugurar cando Mateo anuncia que vai casar con outra muller, Paula.
A partir dese momento, Lucía desiste de comer; decide abandonarse disolvéndose na vida por inacción. Nunha espiral de dor, desleixo e baleiro péchase aos outros. Ignorando os seus sentimentos, a familia tenta comprender o enigma. Mariana, a avoa, resolveu o misterio desde moi cedo. Coa sabedoría que propicia a idade, aconsella ao fillo: "Se oímos ben, respiramos mellor". Pero na casa, ninguén a escoita. Mais a vida continua e o xardín... suspenso.


Ler máis

xardin_suspenso


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal