Autoría: José Maria Vieira Mendes
Dirección: Pedro Zegre Penim
Avaliemos a situación. Onde nos atopamos?
O Gótico matou o Románico, a fotografía matou os Prerrafaelitas, os Séculos Escuros mataron o Galaico-Portugués, o Fukuyama matou a Historia, o 11 de setembro matou a ironía...
E con quen se pode contar de aquí en diante?
Nietzsche matou Deus, o Benjamin matouse, os rusos mataron a Laika, un touro matou o Manolete, o alcohol, segundo Mário Soares, matou o Eusébio...
O Foucault morreu no 84, o Lyotard morreu no 88, o Derrida morreu en 2004, o Baudrillard morreu en 2007... O Shia LaBeouf xa non é famoso e aínda por riba foi violado dentro dun museo. E agora xa ninguén quere ser artista e nós non sabemos se somos anti-arte ou anti-anti-arte, mesmo porque a anti-arte xa morreu e contra os mortos non hai nada que facer.
Avaliemos daquela a situación. Afastemos a neboeira da ironía coa axuda da realidade. Onde está ela? Que sobrou despois da destrución? Será que aínda hai mundo?
O proxecto NÓS - territorio (es)cénico Portugal Galicia é a base dun conxunto de sinerxías entre Portugal e Galicia. Investir nas relacións con Galicia significa investir no futuro. Este é, por iso, un proxecto de cooperación entre tres escolas de teatro (Lisboa, Porto e Vigo), os dous teatros nacionais (Teatro Nacional D. Maria II e Teatro Nacional São João) e o Centro Dramático Galego, para crear condicións de produción nacional tendo como horizonte a circulación profesional de alumnos portugueses e galegos. Con isto, tentarase crear, desde o proceso de formación, redes artísticas e de creación. O proxecto NÓS ten o obxectivo fundamental de crear redes para o futuro. Estará constituído por dúas edicións, a primeira delas terá lugar en 2015 e a segunda en 2016.