Autoría: Araceli Gonda, Avelino González, Tamara Canosa, Borja F. Caamaño, Alex Sampayo
Dirección e dramaturxia: Alex Sampayo
Nesta vida todos queremos algo. Tristán quere a Eva. Eva quere os cartos de Tristán. E Piluca, a nai de Eva, viaxar a Cabo Verde co seu noivo Bembé. E para que todos consigan o que queren, Eva ten que casar con Tristán antes de que descubra o seu segredo. Para isto as mulleres urdirán un divertido plan que poderá custarlle a vida ao rapaz.
Amor Flexible é unha comedia de rabiosa actualidade, áxil, cercana, amable, que profunda nas relacións familiares e de parella.
Coa excusa dos sete pecados capitais como eixe da estrutura, a montaxe fala do tema da idealización do amor; fala tamén da crise, e como esta afecta aos novos modelos familiares onde as nais teñen que vivir cos fillos; da vida a partir dos sesenta anos e das segundas oportunidades; dos que non se renden; dos que buscan a felicidade. Fala da muller galega loitadora, que vai na procura dos seus soños por lonxe que estes se atopen; da maternidade; do desexo de ser nai e da dificultade de educar aos fillos.
E todo isto, desde a óptica que mellor se achega ao público: o humor.