AGADIC

Centro Dramático Galego


TEATRO NACIONAL D. MARIA II: Sax Tenor

En idioma portugués

Autoría: Roberto Vidal Bolaño
Dirección: José Martins

Unha desgraza suburbana improbable entre loucos, gangsters, chulos e prostitutas: foi así que Roberto Vidal Bolaño subtitulou esta peza escrita en 1991.

O compostelán Roberto Vidal Bolaño é un dos máis importantes dramaturgos, directores e actores galegos contemporáneos. En Saxo tenor, o autor -herdeiro lexítimo de Ramón María del Valle Inclán- propón un verdadeiro esperpento de final do século XX.

Esta peza recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro 1991 ao mellor texto teatral orixinal que agora chega á súa cidade da man da compañía nacional de teatro lisboeta Dona Maria II.

A incorporación da obra de Vidal Bolaño ao seu repertorio é o resultado do acordo que o TNDMII mantén co Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o intercambio de autores fundamentais de ambas as dramaturxias e dentro do que a compañía institucional galega produciu Xardín suspenso, de Abel Neves. Para a exhibición en Galicia de Sax Tenor (título en portugués do espectáculo) cóntase, ademais, coa colaboración do Concello de Santiago.


Tradución en coautoría: José Martins e Manuel Guede Oliva
Elenco: João Grosso, Hugo Franco, Jorge Albuquerque, Maria Amélia Matta, Maria Jorge, Rita Figueiredo, Lita Pedreira, Bernardo Chatillon, Luís Geraldo, Lúcia Maria, Paula Mora, José Neves, Manuel Coelho e Maria Ana Filipe
Escenografia e figurinos: Rui Francisco
Deseño de luz: José Carlos Nascimento
Asistente de dirección: Joaquina Chicau
Asistente de escenografía e figurinos: Joana Gomes
Realización de vídeo: Ricardo Inácio, Manuel Pureza, João Gomes e José Martins
Consultoría musical: Valter Rolo
professor saxofone Luis Bastos
Perruquería e maquillaxe: Carla Pinho
Produción: Teatro Nacional Dona Maria II (Lisboa, Portugal)

sax_tenor


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal