Autoría, dirección e dramaturxia: Cándido Pazó
Elenco: Toño Casais, Artur Trillo
Dúas persoas aparentemente antagónicas coinciden, por casualidade, como curiosos espectadores da demolición duns apartamentos construídos en primeira liña de praia que, despois de anos de litixios e demoras, teñen que ser derrubados por mandato xudicial. E mentres esperan, e conversan sobre a próxima demolición, deseguida van repasando as súas vidas, as súas alegrías, as súas frustracións, as súas maneiras de afrontar a vida...
Talía Teatro presenta unha proposta entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo.