Dramaturxia e interpretación: Joan Giralt, Dani Salgado
Dirección: Dani Salgado
Giralt e Salgado, dous profesores dunha escola de arte dramática, reciben a encomenda de cotitorizar un proxecto final de carreira que ten como referente o texto Hipatia, de Alfonso Pexegueiro. A natureza poética do texto provoca un forte rexeitamento en Salgado, mais non pode renunciar ao traballo.
Por outra banda, Giralt quere fuxir da escola e, para tal fin, está preparando un curso de ferramentas didácticas aplicadas a textos poéticos, tomando como referentes tanto a obra de Narcís Comadira como a filmografía de Jean-Luc Godard. Ao longo da peza veremos como evoluciona a preparación do curso, así como o proxecto Hipatia. Os dous traballos permitirán que os profesores se confronten coa súa función como docentes e coa maneira na que contemplan tanto a poesía como a arte do teatro.