Autoría: Avelino González, Cándido Pazó, Xavier Lama, Suso de Toro, Ana Iglesias, Núñez Singala, Marta Echeverría
Dirección: Avelino González
Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situacións cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.
Este espectáculo nace dun forte sentimento de amor cara a algo tan propio como é a nosa lingua. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. Talía Teatro pretende que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que medra na súa inmensa riqueza, a pesar dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.