AGADIC

Centro Dramático Galego


XIII Festival de teatro afeccionado Agustín Magán: O anel máxico

Adaptación de "Commedia: un xoguete para Goldoni" de Cándido Pazó

Compañía: Gargallada Teatro
Dirección: Manuel Caramés

Comedia de enredo na que o fío conductor é un anel máxico que provoca o esquecemento a quen o leva posto. Tres cartas de amor que chegan ás mans equivocadas e un morto ausente que non aparece por ningures, axudarán a enredar o nobelo. Oito personaxes clásicos da Commedia dell’Arte que entran e saen de escena sen dar descanso ao espectador xunto coa presenza do gran Goldoni tentando poñer un pouco de cordura entre tanta tolemia.

As entradas, ao prezo de 4 euros, poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal, de martes a sábado de 18.00 a 21.00h., e na billeteira do Salón Teatro, o día de función desde dúas horas antes do comezo. Tamén está á venda un bono para 4 funcións ao prezo de 12 euros.


Intérpretes: Aurora Fernández, Gabriel Prada, Fran Fernández, Lalo Santos, Reyes Limia, Sol Rodriguez, Nuria Menéndez, Jose Mª Rodriguez e Manuel González
Dirección artística: Tito Asorei, Paulo Serantes e Xabier Ramilo
Iluminación: Gabriel Prada
Vestiario: Aurora Fernández e Sol Rodriguez
Escenografía e diseño gráfico: Luia E. Rodriguez "Coquixo"
Técnicos de luz e son: Pablo Rodriguez e Carlos Suárez
Duración: 75 min.

anel_maxico


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal