AGADIC

Centro Dramático Galego


ELEFANTE ELEGANTE: Aurora

Unha programación da Secretaría Xeral de Cultura para público infantil-familiar

AURORA é a historia do encontro dun aviador coa raíña das coruxas, que coma todas as coruxas, lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece, síntese mellor que nunca. Voa dun lado para o outro, axita as ás e asubía como o vento. Pero ao mencer, énchese de tristura. O sol queima a súa pel e cega os seus ollos.

O Aviador vai tentalo todo para axudar á Coruxa, pero será posible vivir nun mundo sen sol?

AURORA é un espectáculo musical para todos os públicos a partir dos 3 anos. Esta creación mistura teatro de actor e videocreación co desexo de profundar a experimentación do Elefante Elegante ao redor das linguaxes visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en vídeo creando un universo máxico, cómico e misterioso.

Entradas:
Xa poden retirarse as entradas gratuítas, ata o día do evento (19 de xullo), en horario de billeteira no Teatro Principal (de martes a sábado de 18:00 a 21:00). No Salón Teatro, o día do espectáculo dende as 17:30 ata o comezo da función ás 19:30 h.


aurora


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal