Guión e dirección: Lucas Herrador
Grupo Teatro Down Compostela
"O teatro pode ser de todo, menos aburrido?. Unha frase parecida atribúeselle a Brectht e foi repetida centos de veces por innumerables profesionais da escena en todo o mundo.
Despois de facer: Alicia en el país de las marabillas, Las fábulas de Esopo, Romeo y Julieta, Fuenteovejuna e Bodas de sangre, mereciámosnos a homenaxe dun divertimento.
Coa escusa do mito de Hércules e os caprichosos deuses que aburridos no seu Olimpo deciden xogar coa vida dun mortal, quixemos facer unha obra en que vós, espectadores, pasédelo ben e nós, actores, gozar facéndoa.
Teremos tempo para expornos a transcendencia e as eternas preguntas. Agora; sentádevos, ride (se vos fai graza), aplaudide (se vos gusta) e gozade.
Hollywood manexa os mitos gregos e romanos como mellor lle place. Por que nós non podemos facer algo parecido?
Comprenderedes que un espectáculo con tantos actores e escenas non sae por casualidade. Detrás hai moitas ganas e traballo. Sen o concurso de boa parte da xente que día a día dá clases na Fundación Down Compostela, que buscando un oco na apertada axenda ponse a axudar, isto que vedes non sería posible. O meu agradecemento a todos eles e pídovos o voso recoñecemento para que as cousas síganse facendo coas mesmas ganas e sorrisos.
LUCAS HERRADOR