AGADIC

Centro Dramático Galego


Concerto da Coral e da Banda de Música da Asociación Cultural Musical Solfa


A Asociación Cultural e Musical Solfa celebra o final de curso cun concerto da Coral e Banda de música de Solfa.

A Coral interpretará un extenso repertorio que vai desde poemas do século XVI de Luís de Camões ata poetas do S. XX como Celso Emilio Ferreiro e Manuel María, sen descoidar a presenza da música popular, e baixo a dirección de Francisco Tobar Cereijo.

Seguidamente a Banda de música dirixida por Fernando Rey Mayo interpretará un repertorio de bandas sonoras de películas moi coñecidas.

Programa

Coral de Solfa. Director: Francisco Tobar Cereijo

Verdes son os campos de Luís de Camoés. Música de Zeca Afonso
O Carro de Manuel María. Música de Baldomero Iglesias Dobarrio
María Soliña de Celso Emilio Ferreiro. Música de Francisco Tobar Cereijo
Torre de Hércules de Francisco Añón. Música de Francisco Tobar Cereijo
Monte Viso de Carlos Rodríguez. Arr.: Francisco Tobar Cereijo
Jingle Popular brasileira. Arra.: Mº. Marum S. Alexander
Fisterra Popular. Arr.: Francisco Tobar Cereijo

Banda de música de Solfa. Director: Fernando Rey Mayo

A máscara do Zorro de J. Horner
Danzando con lobos de J. Bocook
Parque Xurásico de J. Williams
Titanic de J. Horner
Piratas do Caribe de K. Badelt
Foise co vento de M. Steiner
Mar adentro de A. Amenabar




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal