Tras o éxito da edición anterior, o Salón Teatro acolle a seminfinal do Campionato Galego de Improvisación 2014, Improfighter. A impro é un xénero teatral que triunfa en todo o mundo e que pouco a pouco está conquistando novos públicos en Galicia. A inmediatez, os sketches xerados no momento, o alto nivel de comedia, son os factores que enganchan cada día a máis persoas.
As compañías galegas deste xénero que arrasa únense de novo nunha competición única. Parellas de improvisadores procedentes de Los Duguis (A Coruña), Improperio (Vigo) e The Momento (Santiago), competirán por ser os favoritos do público. Funcións irrepetibles, comedia, creación en directo. A interactuación é total, os improvisadores crean historias a partir das propostas do público e resolven escenas a un ritmo vertixinoso e hilarante.
Momentos irrepetibles, comedia, creación en directo, participación do público, o inxenio e a resolución dos improvisadores arrincan gargalladas e aplausos do público a cada instante, se xa o coñeces repetirás a experiencia, se aínda non o viviches non o podes perder.