Carlos Blanco sobe ao escenario ao humorista gráfico Luis Davila no seu novo espectáculo Menú del día.
Trátase dunha complexa aposta técnica na que Luis Davila debuxa en directo as historias de Carlos, que o público pode recibir a través dunha pantalla xigante. Historias como "As bravas do país", "Dora a desbrosadora" ou "Os kiwis" forman parte do abano de contos que os dous artistas levarán á escena.
O espectáculo conta ademais con música orixinal de Budiño e Kepa Junquera.