Textos: António Lobo Antunes
Dirección: Pierre-Etienne Heymann coa colaboración de Rosário Gonzaga
Autos da Revolução é un espetáculo que presenta os relatos de sete personaxes que recordan o seu 25 de abril e conta o que lles aconteceu.
Un operario de mudanzas, unha burguesa piadosa, a esposa dun contra revolucionario, un militante político que foi prendido en Caixas, unha campesiña explotada nunha quinta, un banqueiro e a gobernanta do dono da quinta. Desta confrontación nacen por certo preguntas inevitables como o paso do tempo e os acontecementos que sacoden o país actualmente.
Coa revolución de Abril, non foi conquistada só a liberdade e a democracia política, creáronse tamén condicións para notables avances da civilización que hoxe se están profundamente a dilapidar.