Guión e dirección: Maikel G. Orti
Regresar ao seu país é a intención de Yolanda, cubana residente en Santiago de Compostela. A distancia do seu pequeno fillo e unha recente enfermidade son razóns abondo para iso; pero volver á Illa pode resultar máis difícil que saír dela.
Tamén Pablo desexa viaxar coa súa filla para que esta coñeza os seus avós cubanos. A súa exmuller e algún problema monetario serán barreiras que ten que derrubar.
William pola súa banda está moi a gusto na capital de Galicia, pero ameazado por non asumir as súas débedas ten que tomar unha decisión: Volver a Cuba ou non.
Lejos de La Habana é a ultima produción de La Cocina FilmS que narra as vivencias de tres cubanos residentes en Galicia, lugar onde levan unha vida moi diferente á da súa Cuba natal.