Textos de Suso de Toro, Anxós Sumai, Benito Pérez Galdós, Manuel Pazos, Euripides e Laila Ripoll
Elenco: Casilda Alfaro
Cada pegada é o recordo dunha obra, dunha escena, dun personaxe. Pegadas que quedan na memoria. Son mulleres, mulleres e un home, que viviron momentos nun tempo, mais que non se foron de todo, quedaron sempre as melodías das súas voces e andan anicadas por algún agocho, e ás veces falan así, por sorpresa, para volver ao seu recuncho de seguido. A peza pretende propiciar a reflexión e a análise do pouso que deixan algúns momentos vividos e compartidos.