Guión e dirección: Luis Noriega
Protagonizada por Bea Meilán e Anxo Manoel
O Salón Teatro acolle a presentación en Santiago da longametraxe low cost O crime da Legua Dereita a cargo da produtora lucense Cool Films Galicia.
Trátase dun thriller de acción baseado nun antigo crime acontecido na localidade vilalbesa de Nete en 1911, onde a un home se lle arrancou a pel da cara en vida, para curar un cancro de pel dunha muller adiñeirada que saloucaba en Humanes (Madrid).
A historia de ficción comeza cen anos despois na mesma zona, cando aparecen uns corpos cos mesmos síntomas do crime acontecido cen anos antes. Unha parella de policías irán detrás do asasino, que parece seguir os patróns deixados anos atrás...
O que en principio ía ser só unha historia que se contaría nunha curtametraxe, converteuse en algo máis extenso. Tras a rodaxe das primeiras secuencias e os ensaios xerais das escenas de acción, o produtor Jordi Santos e o director Luis Noriega tomaron a decisión de levar a cabo a rodaxe do guión orixinal, moito máis extenso e complexo.
En O crime da Legua Dereita participaron un elenco de actores afeccionados e semiprofesionais, así como un corpo técnico, todos eles oriúndos da cidade de Lugo. Todos traballaron nunha rodaxe intensa de tres días e no que o presuposto foi de 0 euros.