Autoría: Roberto Salgueiro
Dirección: Beatriz Campos
Matanza é unha comedia visceral apousentada nun drama existencialista. Esta peza de corte contemporáneo preséntanos dous porcos momentos antes de ser acoitelados polo Matachín. En principio, nada excepcional xa que a cada porco chegalle o seu San Martiño tal e como reza o dito, pero na realidade de Matanza estes porcos falan, pensan e senten como calquera de nós.
Matanza trancorre nun lugar irreal que bebe da nosa realidade, crea unha ficción que toma como referencia a idiosincrasia galega, o seu humor e xeito de entender o mundo. Son continuas á nosa cultura e nelas atopamos as claves da peza.
Matanza susténtase no traballo actoral. Nela hai violencia e intriga, pero tamén humor negro e acedo que quebra a peza e leva ao espectador da comedia á traxedia durante 60 min nos que os tres actores non deixan a escena.
Triatreros Teatro é unha compañía formada por estudantes de arte dramático recentemente licenciados cunha media de 25 anos.
Triatreros leva a escea textos en galego de autores contemporáneos vivos aos que poder aproximarse fisicamente para compartir con eles o proceso de traballo e a idea orixinal da obra. O seu primeiro espectáculo foi o café-teatro con mestura de improvisación Improperio ao que seguiu Hámster, a primeira obra de sala.